Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

29/02/20

Sé unha dama

Sé una dama, decían | Be a Lady, they said

Mensaxe da revista "Girls, girls, girls", que dá conta das incribles e numerosas demandas sociais impostas ás mulleres... por nacer mulleres.

28/02/20

#hastags para un espazo agónico

En edicións Positivas podemos atopar esta interesante proposta poética de Arancha Nogueira que baixo o título de #hastags para un espazo agónico organiza unha reflexión crítica da nosa sociedade, xogando co mundo real e o das redes, tan ficticio tantas veces, pero que ao mesmo tempo apoia o noso distanciamento dunha realidade que non coñecemos ou mesmo da que non gozamos, ocupadxs como estamos por viaxar nesoutro mundo afastado que pretendemos facer noso a través dunha pantalla que nos fai crer que vivimos interconectadxs. A autora tamén fai fincapé en que é por ese medio como nos empeñamos en realizar as nosas reivindicacións, mentres que na vida cotiá seguimos sen materializalas.

#galifornia

arde a amazonía
mentres nun carnaval de verán
[#makeup #friends]
cinco pocahontas sexis de pintura alaranxada
[#praufornotredame]
exhiben bebidas en ecovasos tintados
e algo moi
          moi parecido á violencia.
[…]
así
derrubamos un idioma
así
construímos unha guerra”.


27/02/20

A formiga destemida

Na colección Merlín da editorial Xerais podemos atopar esta proposta de María Reimóndez con ilustracións de Iván Sende: A formiga destemida ten unha protagonista que como o propio título indica, necesita coñcer o mundo máis alá do seu propio, lanzándose a coñecer, porque só o coñecemento dá sabedoría,  e porque só sen prexuízos podemos aprender de canto nos rodea. Porque diso precisamente se trata: só na educación e na cultura poderemos ser sabios, e libres. Libres de pensamento e libres de acción, como a nosa pequena protagonista, quen comprende cando pode volver e cal é a súa orixe.

26/02/20

Reflexiones para callar a machistas de bar

Manuel Martínez Rodríguez é o autor de Reflexiones para callar a machistas de bar, publicado por Uno Editorial. Manuel Martínez é avogado e membro da Asociación Homes pola Igualdade, e no libro desmonta comentarios machistas que escoitamos a cotío, tales como denuncias falsas, ou que as vantaxes de ser muller para obter a custodia dos menores. O mellor é que o fai con argumentos legais e con estatísticas, datos que nos poden resultar moi útiles cando nos enfrontamos a estas situacións. Teño unha alumna que sempre me comenta que necesita argumentos, e este libro resulta desas axudas extras que nos veñen de marabilla. Asemade, o libro é unha chamada aos homes, uns homes que deben sumarse ao feminismo porque o machismo é tamén un prexuízo para eles, aínda que non se dean conta.


25/02/20

Veleno de tinta impresa

Interesoume moito esta achega que nos fai Xosé A. Neira Cruz, que coa súa acostumada elegancia na escrita, lévanos á sociedade coruñesa de principios do século pasado, onde unhas cantas mulleres facíanse valer e outras cantas loitaban por unha ansiada igualdade. Encantoume saber da súa loita, desas clases altas que negagan a posibilidade de que unha muller pensase por si mesma e para as cales non existía a cruenta realidade das mulleres que dende a pobreza loitaban por sobrevivir. En poucas páxinas, Veleno de tinta impresa, Premio ánxel Fole de narración curta do Concello de Lugo 2019, publicada por Xerais, ofrécenos un cadro feminista e unha homenaxe a María Luz Morales, primeira muller directora dun xornal en España.
Unha moi recomendable lectura que nos sitúa nun mundo que, sinceramente, non parece tan afastado.

24/02/20

Daniela y las chicas pirata

Un deses álbums imprescindibles para educar na igualdade e que vén a ser como unha segunda parte do álbum Daniela Pirata, Susanna Isern e Gómez amosan en Daniela y las chicas pirata  a sororidade a liberdade da nenas. Unha historia de empoderamento que demostra que as nenas poden ser e facer o que elas queiran, sen etiquetas preconcibidas pola sociedade patriarcal que limitan a creatividade e a personalidade das nenas. Aquí hai igualdade total: as mozas piratas comparten a súa profesión con mozos piratas e todas e todos son iguais de valentes e válidxs na profesión. Asemade, neste álbum hai outro aspecto a descubrir que non había no anterior: a competitividade, que claramente deixará paso á cooperación, que o verdadeiro tesouro. Teño que recoñecer que nun principio non entendía eu moi ben que reinase a competitividade no álbum ata que se disiparon todas as dúbidas coa solución final.
Publicado por Nubeocho.
Así que un libro moi recomendable para a rapazallada pequena, e grazas a Monse Vilar por descubrirme a primeira parte!



23/02/20

Tres bichicomas, dúas illas e unha serea

Non sei como o consegue, pero Rosa Aneiros non defrauda. De verdade, que agora que ando a me recuperar moi lentamente da miña crise lectora e que busco con coidado os libros a ler para non volver atrás, este foi unha gozada. Unha mañá de domingo ben aproveitada porque o libro lese nunha carreiriña de can, pero o mellor é que non tes ganas de parar. Así que xenial! Tres bichicomas, dúas illas e unha serea, publicado por Xerais e ilustrado por Abi Castillo, recibiu o Premio Agustín Fernández Paz da narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade 2018. Abofé que foi un premio ben merecido! A vizosa imaxinación da autora aliada coa súa inestimable sensibilidade xúntanse para crear unha lectura que de non trunfar entre a rapazallada sería como para non crer nunca máis na humanidade. Porque de todo hai: aventura, amor, amizade, compañeirismo, solidariedade, compaixón... Unha nena que descobre que non todo é o que parece e un avó que ama dende o silencio, uns lazos de unión que son irrefutables, a engranaxe dunha aldea, a sedución do rural... Anímovos a que compartades e leades este libro que cara ao final vos convidará a algunha bágoa mentres que o sorriso do principio aínda está a relucir.
Grazas, Rosa, por este cacho de tempo na túa illa de amor.

NO SIGNIFICA NO

22/02/20

Nosotras / Nosotros

Encantoume este álbum Nosotras / Nosotros de Ana Romero e Valeria Gallo que publica Fondo de Cultura Económica. Un libro "dobre" porque nos presenta dúas historias, comezando por anverso e reverso (cal é cal?) que converxen no centro cun maña que exemplifica a idea de igualdade e que chama a atención asemade polo seu formato alongado. O tema non é outro que a igualdade, tratado dende unha óptica no que tamén se aclara que o machismo patriarcal ten feito asemade moito dano aos homes, que foron educados na idea de que ter sentimentos non é propio da masculunidade, así como a intelixencia emocional. Na parte das mulleres faise fincapé naquelas situacións en que a muller tiña prohibido mesmo a capacidade de decidir. Con frases curtas e ilustracións que falan por si soas, este libro convértese nun deses álbums que pasearei polos cursos aos que vaia.
"Hace mucho tiempo se nos prohibían montones de cosas. Había verbos peligrosos a los que no podíamos asomar la nariz. Ni los ojos. Tampoco la boca", di ela.
 "Hace mucho tiempo nos obligaban a hacer montones de cosas. Había verbos que ejecutar con urgencia para mantenernos alejados de las peligrosas emociones", di el.

21/02/20

Depende de los 2

MOITOS PARABÉNS ao Colexio Ciudad de Nara de Toledo





"Alma y Juan aprenden juntos
y juegan juntos, son diferentes, ¡o no!
Said y Mar trabajan juntos,
juntos construyen un mundo mejor.
Fuerte, valiente, inteligente.
No tiene masculino, no tiene femenino,
podemos ser tú y yo.
Feliz, alegre, independiente.
No tiene masculino, no tiene femenino,
podemos ser tú y yo.
María es escritora, Pedro es albañil
y tú tendrás que ser lo que te guste a ti.
Cantante, deportista, médico, albañil,
de todos los colores nos vamos a vestir.
Fuerte, valiente, inteligente.
No tiene masculino, no tiene femenino,
podemos ser tú y yo, podemos ser los dos.
Feliz, alegre, independiente.
No tiene masculino, no tiene femenino,
podemos ser tú y yo,
depende de los dos.
Si tú eres violinista o yo amaso el pan,
cuando vuelvas a casa igual hay que limpiar,
apretar un tornillo o sentarse a descansar.
No es de chicas o de chicos
planchar o cocinar, por el mismo trabajo
lo mismo hay que cobrar.
Las caricias y besos cuando quieres se dan,
aquí nadie es más fuerte ni de tu propiedad.
Ni el más mínimo grito vamos a tolerar,
si te unes a nosotros lo vamos a lograr
Es trabajo de todos ¡creer en la igualdad!
Fuerte, valiente, inteligente.
No tiene masculino, no tiene femenino,
podemos ser tú y yo, podemos ser los dos.
Feliz, alegre, independiente.
No tiene masculino, no tiene femenino,
podemos ser tú y yo.
Fuerte, valiente, inteligente.
No tiene masculino, no tiene femenino,
podemos ser tú y yo, depende de los dos.
Feliz, alegre, independiente.
No tiene masculino, no tiene femenino,
Podemos ser tú y yo, depende de los dos".

E isto é o que hai:

https://www.eldiario.es/clm/PP-considera-adoctrinamiento-defendiendo-igualdad_0_997400618.html 

20/02/20

Campaña Visibilidade contra a censura educativa

Rede Educativa de Apoio LGBTIQ+ de Galicia, 2020

19/02/20

L' ALTRA PAR

A película exipcia "L'ALTRA PAR", de 2 minutos, gañou o premio á mellor curta no Festival de Cine.
A curta describe como as persoas íllanse na tecnoloxía e esquecen unha das mellores cousas da vida: a convivencia humana co amor e a irmandade.

18/02/20

Las Alas

Encántame todo o que fai Jimmy Liao, así que, de entrada, era imposible que non gozase con este Las Alas que nos ofrece de novo a editorial Barbara Fiore. Unha fábula marabillosa que nos fai reflexionar sobre a bondade, a soidade, a incomprensión, o ser diferente. Porque é delicada a liña que separa éxito e crueldade, amor e odio, amizade e soidade. É a sociedade capaz de marcarnos de tal xeito que é imposible a nosa propia liberdade persoal?





17/02/20

12 poemas de Antonio Machado

Publica Kalandraka un fermosísimo álbum poético do sempre presente Antonio Machado coas marabillosas e delicadas ilustracións de Pablo Auladell: 12 poemas de Antonio Machado é un percorrido pola súa obra poética na que trata temas como o amor, o paso do tempo, a morte... temas universais da historia da literatura que Antonio Machado sabe dominar coa palabra e Pablo Auladell coa imaxe.
Deses libros que non te cansas de abrir, follear e ler un poema de cando en vez.

16/02/20

El placer

María Hesse consegue en El placer publicado por Lumen un libro redondo, case mellor podería dicir un libro orgásmico, polo pracer que consegue cando o lemos e contemplamos. Ademais da lectura, é un deses libros que eu denomino "libro ventá" porque nos abre camiño a outros libros. Asemade, bota unha ollada a mulleres que poboan a nosa historia, dende Lilith, a primeira muller que abandoou Adán segundo a tradición xudía: a poeta grega Safo de Lesbos; Colette, a escritora de principios do século XX que falou da bisexualidade; Anaïs Nin ou Simone de Beauvoir... Mergullámonos na cuestión do pracer feminino nomeando o silenciando mediante palabras e ilustracións.
De xeito autobiográfico, a autora conta como foi o seu camiño cara ao espertar sexual, un camiño sementado de culpa e de vergoña (imposible non identificarnos as mulleres de certa idade) e que se pode percorrer porque somos curiosas e queremos explorar e descubrir tantos misterios que se nos presentan. Por iso a liberdade sexual é tan importante, porque nos deixa rexeitar o que non nos gusta, permite decidir se SI ou NON, e sobre todo chama a atención de que esta liberdade sexual non se acolle na educación nin na familia, deixando que sexa o porno, de fácil acceso, que nos "maleduque". O libro tamén denuncia problemáticas asociadas á tradición como a mutilación xenital feminina.


15/02/20

Tres catorce dezaseis

Gustoume a proposta que nos fai Rocío Leira nesta novela matemática-xuvenil que publica Xerais: Tres catorce dezaseis foi, ademais, Finalista do XI Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil: lectura moi acaída para o club de lectura matemática e que vou recomendar dende xa á profas desta materia, non só por ser unha novela negra que se le rapidamente senón tamén porque coido que lles pode ofrecer algún material para xogar nas aulas. Xa veremos.
A min, dende logo, paréceme unha boa opción que conxuga, como xa dixen, o elemento matemático coa novela negra, dun xeito lúdico e ameno, sabe manxar os tempos e a intriga e vainos deixando pistas para sabermos máis que o propio profesor de matemáticas. Un libro que engancha e que resulta diferente ás últimas propostas -en xeral- de literatura xuvenil.

14/02/20

Somos as netas das bruxas que non puidestes queimar

13/02/20

Masculino xenérico: un experimento de linguaxe inclusiva con debuxos

12/02/20

Efecto Matilda: as científicas que máis brillaron e menos se valoraron

https://www.gciencia.com/videonautas/efecto-matilda-cientificas/?fbclid=IwAR2IhfHGqVHnhii978zDoisKNV7JfohIVafFXXweyZvb5QO6xb0i-mpYkb8

A Unidade de Igualdade Uvigo celebrou o #11F con este vídeo realizado por A panadaría. Olimpia Valencia, Marie Curie, Ángela Ruiz e Tabitha Babbitt 'resucitan' para denunciar o Efecto Matilda, o fenómeno polo cal moitas científicas son menos recoñecidas en condicións obxectivas respecto a compañeiros homes. #Videonautas

11/02/20

Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.