Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

03/03/09

A Brigada do velo

A Brigada do velo é unha iniciativa de mulleres musulmás da fundación Ibnou Khaldoun que combate a discriminación no mercado laboral. Organizan o Premio do Velo e a cadea holandesa de supermecados Dirk van den Broek vén sendo a primeira gañadora, xa que se ten destacado polos seus esforzos pola aceptación do pano tradicional musulmán no lugar de traballo.
Unha das fundadoras é Nora el-Jebil, quen asegura: "os meus papeis están en orde. Teño unha alta formación, falo ben holandés e aínda así sempre teño que demostrar a miña valía. No momento en que me chaman para unha entrevista de traballo queda claro que nunca agardan unha muller que leve pano. É unha prenda que se ve como símbolo de opresión da muller, como algo pasado de moda... sobresáltanse cando entras con el posto".

Vía Todas


Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.