Unha parella na cama. El prende a luz, aproxímase a ela con aloumiños... e que fai ela? Pois o que ti digas. Si, oíches ben. Ti pos o final da historia. Chegan os vídeos interactivos:
Vía Todas
Blogue de Gracia Santorum e de Anxo Fernández, de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.
Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.
Atoparalo en Humor, Tecnoloxía
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
18 comentarios:
a muller levántase e dille: pero ti que fas! ocúrreseche cada cousa, a estas horas, durme anda durme.
E o home levántase e vai o baño...
O home achégase á muller e ésta, que non ten ganas de nada dille: "Pero mira que eres pesado, xa che teño dito que non quero nada a estas horas. Ademais dóeme a cabeza e teño a regra... Saca anda!
E home volve durmir.
A muller cun mal despertar, levanta nese momento e que ó seu parecer iso é unha tontería e dille ao seu home:
-Homiño, deixame durmir que a estas horas non estou para esas caralladas.
O seu home daquela todo enfadado porque quedou coas ganas non tivo outra que volverse durmir.
Adrián
A continuación, máis ben dalí a un pedazo, cando o home convence á muller, pois ela non quería porque tiña sono; póñense ao choio.
E resulta que entre que a rapaza caía co sono, e el non debia ser precisamente un artista... a rapaza durmeuse!
O home seguía dalle que te pego, pero ela... claro! Durmindo e con algo entrándolle e saíndolle por aí, sentíase algo incómoda. Así que... deuse a volta... e... ras!!
Aí esgazou algo!
O final da historia non o sei, porque daquela... o pene... disque non valía para ver.
O home acércase a muller, para ver se ela quere facer o amor. Despois de falar con ela un anoco, intentandoa convecer... Ela cae randida co sono e dille q non ten ganas de facelo nese momento.
Ela bótalle a escusa de que esa non son horas e que cas poucas ganas que ten, prefire durmir.
Os ollos da muller buscan ansiosamente os do home coma se quixesen falar por si mesmos. El non entende nada: non sabe se esa mirada é froito do desexo ou se, pola contra, é a substituta dos reproches. De súpeto, lembra que horas antes perdera a noción do tempo mentres gozaba dunha cervexa na compaña dos seus amigos; que non puxera atención na conversa que ela quixera iniciar xusto despois de cear por estar pendente do partido de fútbol (como sempre, perdera o seu equipo) e que, xusto antes de deitarse, esquecera tirar da cadea (outra vez). Foi un único segundo, ou tal vez unhas escasas décimas, pero as imaxes que a golpes discutían no seu cerebro nese pequeno fragmento temporal fixeron que el o vise claro. Deulle un bico de boas noites, apagou a luz e xirouse de novo na cama. Ela pechou os ollos e esbozou un leve sorriso. Definitivamente, era moi estraño que quixese facer o amor tras a derrota do seu equipo.
a muller dille que se deixe de lerias, que quere durmir. Entón o home comeza a facerlle cosquillas con tan mala sorte que a muller cae da cama e dase na cabeza coa esquina da mesiña de noite. FIN (a ver se así se lles quitan as ganas de ser tan pesadiños) jajaja
a muller que non ten ganas de nada dille que non.El como insiste ela mete un berro que fai despertar o neno pequeno que esta a durmir,o que se erge rapidamente e asustado polo ruído se mete no medio dos pais na cama deles.
O home insiste...peo ela dille que non quere facer nada, xa que esas non son horas. O home furioso enfádase e sae do cuarto.
Diríxese ao baño...[*non se pode mostrar texto*]
que vai facer........
ZAS!!!! EN TODA LA BOCA!!!!!!!!!!
Que tedes uns finais moi bonitos, e outros non tantos (Marquiños, como o teu ningún meu fillo), pero a realidade e que a calquera persoa que desperten a esas horiñas e en sono profundo unhas leches e pásanselle as ganiñas de todo..........
Que esas non son horas!!!!!!!!!!
A solución é moi sinxela...
Cómpraselle unha boneca inchable e ala! Como novo!
E ao día seguinte... Dios dirá...
Pois como din na miña terra...
Un pouco de leite quente e para a cama... jajaja!!
Despois de insistirlle un bo anaco a bese de bicos e caricias,ela acaba espertando de todo e accede a facelo amor con el,no que remata sendo unha noite romántica.
O home achégase decidido a espertala pero,en canto a mira e a ve tan profundamente durmida e con aquela cara de anxiño,pénsao mellor,da media volta e segue dormindo.
Ela mirao con cara de susto xa que cando o propon ela el non quere...e ela pensa para si mesma:nunca quere facer o amor e oxe si,que raro, pois por unha vez que quere,teño que aproveitar!!!
Acontinuación ela dille que si e poñense ao asunto.....
O home, pesado...insistelle un bo anaco. Pero ela segue sen acceder, el cansase de insistir e dase a volta para poder durmir. Pero mentalmente queda pensado cousas guarras, polo que logo...cando a muller esta durmida foi ao ordenador a meterse en páxinas prohibidas...para facer da súa noite outra máis interesante.
O home non lle insiste moito xa que sabe que esta cansada porque foi un duro día de traballo para ela.Entón encerrase no baño e masturbase.
A rapaza queda con cara moi rara porque o rapaz e o mozo dunha amiga e pensa que está soñando, pero cando se da conta de que está esperto sae correndo e berrando e métese no piso da súa veciña...(unha vella duns 90 anos)... jajajaja
Publicar un comentario