Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

08/03/09

Pola Igualdade da Muller, un ano máis (VIII)

Si, aínda hoxe falamos de discriminación social nos nosos países do "primeiro mundo". Pero que ocorre noutros lugares? Se falamos de Etiopía, teremos que saber que un bebé será alimentado de diferente xeito segundo naza dun sexo ou doutro. Alí, o feito de nacer muller convertirase nun exercicio continuo de supervivencia. Un país no que máis das tres cuartas partes das nenas son sometidas á mutilación xenital, práctica ancestral arraigada en 28 países africanos. As lesións poden causar a morte, dor crónica, infeccións, desorde post-traumático, complicacións no parto... e, por suposto, que desapareza o desexo sexual da muller. Isto, ao fin e ao cabo, é o que se persegue.
Os etípes consideran as mulleres como meros obxectos sexuais: cando as nenas medran, viólanas, secuéstranas, véndenas ou cásanas con vellos. As violacións expóñenas á sida e á prostitución, ambas moi estendidas.
Nas comunidades tradicionais, as mulleres estás sometidas aos seus cónxuxes, quen toman todas as decisións. O seu acceso á terra e a participación nas organizacións e reunións da comunidade dependen do cabeza de familia masculino.
Segundo UNICEF, a muller no campo traballa de entre 15 a 18 horas diarias e é responsábel da máis da produción agrícola de subsistencia. Agárdase que fagan todo o traballo que rexeitan os homes. As mulleres percorren longas distancias a pé para recoller auga e leña, levar os produtos ao mercado ou o gran a moer. E sobre elas recaen, ademais, as tarefas domésticas e o coidado de nenos, anciáns e enfermos. Vaia, unha vida doada que nos fai lembrar que os Dereitos Humanos, sobre todo os das mulleres, son un soño que semella inalcanzable.

Aconsellámosvos visitar as fotografías de Isabel Muñoz de Etiopía e as de David Burnett.

Vía Lápices para la Paz


Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.