Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

12/03/09

Retos matemáticos... e non tanto (XXI)

Cada día que pasa estades máis lacazáns, así que esta semana púxenvos un reto para que deixedes voar o maxín. Que non se diga, ho!


Reto 1.- Cantos ceros ten o resultado do factorial de 100 (100!) ?


Reto 2.- Ana, Rufo e Carme son tres traballadores dunha empresa que almorzan xuntos todos os días laborables. Ocorre que:
- Sempre que Ana pide un zume, Rufo tamén o fai.
- Ou ben Rufo, ou ben Carme, piden sempre un zume, pero nunca ambos á vez o mesmo día.
- Todos os días, ou Ana, ou Carme, ou ambos as dúas, piden un zume.
- Cando Carme pide un zume, tamén o pide Ana.
Que se pode concluír de todo o anteriormente dito?



Reto 3.- Que é isto?

15 comentarios:

Anónimo dixo...

3.- os ollos de Wally nun propotipo para a pelicula

Anónimo dixo...

Hoxe lucícheste, xa me emborrachei con tanto zume de ana, carme, ana,....
Por certo eu creo que o terceiro e unha ficha de dominó, un pouco rara, eso siiiiiii

Anónimo dixo...

Como está o patio... pois non sei, así ao rapidito paréceme que Alicia non toma máis que zume.
Saúdos para tod@s, incluídos os de Forcarei...

Anxinho dixo...

bolbor! de que conto saíches? de Alicia no país das marabillas? porque... xa me dirás! hehehehe (ca....azo!)

Polo demais, teño a sensación que o reto 3 vai dar lugar a moitas conxeturas. Intuición que ten un...

Anónimo dixo...

Reto 3.-
Eu creo que é un reloxo de deseño. Está marcando as 3.15.

Reto 2.-
Eu diría que Carme e Ana tamén almorzan xuntas os días non laborables, e Rufo úneselles os laborables.

Anónimo dixo...

Darán cero:
100 (2)
Este bicho celestial sempre anda con terceiras e nunca me entero do que quere dicir...
Pois eu sigo, agora co do factorial (que é multiplicar todos os números naturais dende 100 ata 1). Producirán ceros:
As decenas: 90,70...10 (9)
50 pon outro cero, ademais do seu, ao multiplicar por un número que acabe en 4 ou 8 (1).
Os que acaben en 2 por os que acaben en 5: 2.5,12.15,...92.95 (10)

Así que polo menos hai 22 ceros, pero non estou moi seguro de que non aparezan algúns máis, pero para iso están as mentes pensantes que sempre rondan por aquí...

O terceiro... ollos non serán, a non ser que sexa algo birollo o bicho... e se está en horizontal, como así parece, significa que os círculos negros están sostidos ou é como se rodaran polo perímetro dos brancos... e ata aquí o sentido común, así que non teño idea.

Saúdos.

Anónimo dixo...

Bolbor creo que che falta algúns ceros porque o 25 por ser 5 o cadrado o multiplicalo por multiplos de 2 o cadrado da dous ceros, igual podemos facer con 50 e con 75. Eu creo que son polo menos 24 ceros pero os dedos non me dan pa contar tanto cero, así que non estou moi seguro

Anónimo dixo...

Pois o 3º pode ser un reló, como ben nos conta Marcos, pero tamén pode ser...
- unha diana para escopetas de dous canóns,
- uns faros apagados,
- unha escultura que denuncia o racismo,
- dous embrións dun bicho negro,
- un indicador de cara onde non hai que tomar unha curva, a menos que te queiras saír,
- un indicador cara Génova 13,
...

Saúdos

Anxinho dixo...

definitivamente, váisevos moito a "pinza" (ou non tanto?)

Port certo, amigo de forcarei: o teu razoamento do reto 1 é perfecto! (vexo que bolbor empeza a estar algo oxidado... hehehe)

Anónimo dixo...

Desculpe, señor bicho celestial, pero 22 de 24 vén a ser un 9,17 sobre 10. Ademais, iso xa o sabía... o que pasa é que quería saber se o saberían outros que saben menos do que saben que saben... jijijiji!!! (a ver se cola...)
Saúdos.

Anónimo dixo...

Ao final vai resultar que vou ter que intervir eu pra salvar a situación...Teira comeza a baixar o nivel...
jojojojo (risa malvada)

Anxinho dixo...

Imos poñer algo en claro. Marcos tiña razón e a imaxe do reto 3 correspóndese cun reloxo "modenno"
(véxase http://www.nopuedocreer.com/quelohayaninventado/9465/googly-eyeclock/)

Se o gran matemático das terras de Forcarei xa resolveu o reto 1, creo que, se as contas non fallan, faltaría por resolver o nº2. Toca aplicarse...

Anónimo dixo...

Pois veña, eu diría que Ana e Rufo están enzumados pero Carme dalle ao JB.
Saúdos.

Anónimo dixo...

Por certo, xa que a cousa vai de lóxica... das palabras de Anxinho tamén se pode concluír que só hai un matemático en Forcarei, o cal fala moi ben desa terra... jijiji!!
Saúdos.

Anxinho dixo...

Xa sabía eu que bolbor as sabe (case) todas...

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.