Destes libros que compras pola pinta, polo título, porque atraen especialmente sen saber por que... e acabas recomendando por especiais, porque sen ser obras mestras chegan ao corazón, porque che apetece levalas na memoria...
Non fai falta que vos guste o chocolate para lelo, pero case se pode saborear se vos gusta. É intensa, fácil de ler (nunha hora e pouco, sen esaxerar), e non é empalagosa. En serio, un acerto.
O seu autor, José Carlos Carmona -o feito de que sexa doutor en Filosofía non debe predispoñernos nin para ben nin para mal-, baséase nunha historia real para falarnos do amor, de soños, da vida... da sinxeleza das cousas ou da súa complicación, de personaxes que marchan e regresan, de bos sabores e malos recordos, de mortes temperás... Un libro que sen lugar a dúbidas deixa moi bo sabor de boca. Máis que recomendábel.

5 comentarios:
El aroma a chocolate, uuuuuuuuuuuuuummmmmmmm! Tiene buena pinta.
hai algunha páxina na rede donde se poida lelo?
un bico agarimoso dende a fría Polonia. ;)
Temo que non, queridísima Cristina... pero sabes que cho pasarei tan pronto regreses. Con todo cariño, grazas por seguir aí. Unha enorme aperta desde a tamén fría este inverno adorada Galicia... a pesares dos resultados das eleccións.
Estou segurisimo que a Adelcisa o que mellor lle viría agora mesmo é un bo tazón de chiculatiño quente para levar un pouco mellor os fríos poznianos (creo que acabo de inventar un xentilicio...)
Un bicazo!
Adelcisa quere sol que estase quedando branca de todo! se xa era branca agora,,, nin che conto!
apertas!
Publicar un comentario