Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

10/01/11

As palabras crean mundos

Campaña publicitaria da libraría Anagram, realizada pola axencia Kaspan.






Vía

11 comentarios:

Xabi dixo...

Hai un tema apaixoante que sempre me enche de interrogantes: ¿cada idioma inflúe na forma de pensar dos seus falantes?
Cada idioma configura o pensamento de tal forma e ata tal punto que chega a configurar tamén a idiosincrasia dos seus falantes.

Estou a estudar inglés e fíxenlle a mesma pregunta á miña "teacher", pero non soubo contestar.

(Claro, é isa teacher que non le, da que xa vos teño falado. jajaja)

Ronsel dixo...

Pois non sei, supoño que igual que inflúe o ambiente no que un se desenvolve e os factores externos...

Xabi dixo...

Esa sintaxe do inglés; esa fonética; ese sistema tan pragmático que lle concede tanto peso ao uso... Seguro, seguro que ten que ter algún tipo de influencia na súa forma de ver a vida e de pensar,

Ronsel dixo...

hehehe
si, así son! E con esa profe que non le, aviados imos!

Xabi dixo...

Se non me equivoco, en "Sunset Park" Paul Auster fai algunha reflexión sobre este tema. Casualmente nesta ocasión non tomei nota e agora non sei localizala. Rebuscarei e, se a atopo, xa a comentarei...

Inda que tamén é probable que a cita que me ronda pola cabeza non sexa de Auster. (É o que ten estar a ler varios libros a un tempo)

Ronsel dixo...

Que sorte! Eu son incapaz de facelo, agás cos álbums ilustrados e as novelas, claro.

Xabi dixo...

Pois a min ocórreme o contrario: podo estar a ler catro ou cinco de ensaio ao tempo, pero a narrativa, absórveme e non me deixa mesturala con outras historias.

¡Que raros somos! ¿Non che parece?
E pensar que hai xente que pode vivir sen ler... Bueno, teñen a tele omnipresente.

Xabi dixo...

Xa atopei a cita buscada. Efectivamente, non era de Auster (ainda que tampouco me extrañaría encontrarme nunha novela súa con reflexións sobre este tema).
A cita, nesta ocasión, é dun libriño que merquei en Madrid este días pasados: "De Madonna al canto gregoriano. Una muy breve introducción a la música", NICHOLAS COOK. Alianza Música.
Breve, como digo, pero sabroso.

Falando das reflexións de Wittgenstein sobre a linguaxe, e xeral, e sobre a linguaxe musical, e particular, afirma:
" Al tiempo que Wittgenstein reflexionaba sobre estos temas en Cambridge, los lingüistas y los antropólogos que trabajaban con los indígenas americanos estaban llegando a una conclusión similar. Se dieron cuenta de que no podían traducirse adecuadamente las lenguas indígenas americanas al inglés: las categorías no coincidían (...) Las categorías no coindían porque en aspectos fundamentales los indígenas americanos mantenían una relación con el mundo muy distinta a la de los angloparlantes. Y uno de estos lingüístas, Benjamín Lee Whorf, propuso una teoría radical (...) sobre como sucedió esto: es posible, sugirió, que el lenguaje no refleje simplemente los diferentes modos en los que ven el mundo las diferentes culturas, sino que determina realmente cómo lo hacen. Es posible, en suma, que el lenguaje construya la realidad en vez de representarla".

Ronsel dixo...

Grazas pola cita, Xabi, tan atinada.
Por certo, expliqueime mal o outro día: non son capaz de ler dúas novelas á vez, só podo mesturar novela con álbums ilustrados. Referíame a iso, a que non son capaz de ler varios libros á vez, agás "meter" álbums ilustrados polo medio pola súa propia idiosincrasia.

ourensan@ dixo...

http://www.youtube.com/watch?v=wnZr0wiG1Hg

Ronsel dixo...

Moitas grazas, pero xa está aquí. É un libro fermoso que aínda non teño nos andeis da miña casa!!!:
http://trafegandoronseis.blogspot.com/2010/05/abc3d.html

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.