Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

15/01/11

El coleccionista de momentos


Da editorial Lóguez, este case clásico álbum de Quint Buchholz, El coleccionista de momentos, que presenta unha estrutura diferente aos clásicos álbums ilustrados. Por que? Porque as ilustracións, enormes, ocupas as páxinas centrais do libro e o texto non está intercalado, senón que está ao comezo e ao final do volume. E isto responde ao conto narrado: as ilustracións son unha exposición que podemos gozar xunto co protagonista.
Unha historia, sobre todo, de amizade. Chea, iso si, de tenrura, e mesmo dun sabor agridoce que será a chave final. Porque, ao contrario do que acontece nos libros infantís, o final non ten por que ser "feliz", se por feliz entendemos o desexado.
El coleccionista de momentos recibiu en 1998 o premio Bologna Ragazzi e en 1999 o Prix Enfantaisie suízo.
Un fantástico e fermoso libro para abrir de cando en vez e mergullarse nos cadros-ilustracións.


Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.