Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

11/01/11

Libros de agasallo

O outro día publicabamos un vídeo dun neno horrorizado por recibir libros de agasallo de nadal. Un raio de esperanza: este semella máis contento:




Vía

3 comentarios:

Anónimo dixo...

Si, xa se ve que é ordenado e recolle os papais. Contodo séntese o rei da casa no medio de tanta abundancia, como acontece a cotío.

Xabi dixo...

Coa miña neta Martina eu decidín aprazar a entrega dos regalos (sempre libros) para máis adiante. Téñollos gardados e ireillos dando progresivamente, cada certo tempo.

A súa nai fixo algo pareceido cos numerosos regalos que recibiu: despois de abrilos, foillos recollendo e gardando para darllos tamén progresivamente.

Estas festas convértense nun problema educativo para as familias. Compre aplicar algo de sentidiño pedagóxico so pena de malcriar aos cativos con tanto regalo.


Paradoxos

Ronsel dixo...

Efectivamente, o outro día lin precisamente que médicos e psicólogos falaban do problema que supón malcriar a razapallada nestas datas con miles de agasallos, e ningún deles educativos. Nunca deberían recibir máis de dous.

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.