Luna Miguel publica en La Bella Varsovia Los estómagos, poemas contundentes que veñen dende as entrañas ou nelas habitan, provocando unha dor que pide cura e non a topa, como esas preguntas que non obteñen respostas e quedan vacilando no ar, realizando paseos imposibles pola atmosfera.
Para iso existe a palabra, a poesía. Para procurar un ADN indeleble que permanece nesa loita que se mantén co papel do sentimento.
O libro divídese en catro partes, por elas transitamos nun proceso de dor que procura unha nova vida, porque o remate dunha significa o comezo doutra, como sombras que permanecen, que testemuñan anacos fragmentados da supervivencia. Neses anacos roubados á vida está a morte, porque aquela, a vida, é quen se nega a si mesma, quen é roubada, quen é vendida. Podemos atopar algún rueiro que nos guíe por ela mesma, esquivando tormentas que, seguramente, acabarán chegando. Rueiors e camiños non que non faltarán socavóns falsos polos que caiamos unha e outra vez para tentar erguernos de novo.
Libro duro, feroz, exacto.
Libro duro, feroz, exacto.
"Me
pregunto cuántos estómagos
hacen falta para vencer al hambre"
Sen comentarios
Publicar un comentario