Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

10/05/20

El show de las marionetas

Papeino, literalmente. Foi empezar e non poder parar de ler. Así dá gusto! El show de las marionetas de M. W. Craven está publicado por Roca Editorial. É un deses libros de novela negra con investigadores que desexas que sigan existindo en novelas posteriores. Se consegue manter o nivel, Craven será un dos grandes. Un dos acertos máis grandes, ademais da propia trama, que dá de si, son os personaxes, sobre todo a personaxe feminina, aparentemente tan fráxil, e dotada da mellor forza: a intelixencia. Un libro que conta con moitos xiros e sorpresas e que aínda que vai deixando pistas, non é para nada previsible. Todas as pezas conxugan un puzzle moi ben construído sen ningún oco. Tamén resulta atraente o espazo: unha rexión descoñecida totalmente (para min) do Reino Unido, un lugar máis ou menos remoto onde só hai ovellas e néboa. Boa escolla!
 Moi recomendable.

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.