Lin nalgún sitio que este era un libro moi bo e decidinme por el. Pero o certo é que me defraudou. Estou a falar de La biblioteca de la medianoche de Matt Haig, publicado por ADN. Por momentos, case semellaba un libro deses de autoaxuda que convida a reflexionar sobre os erros que cometemos na vida e como debemos de mirar cara adiante porque no noso interior gardamos a forza suficiente para loitar contra o que nos veña e conseguir o que nos propoñamos.
Si é unha reflexión sobre a vida, xa que no libro á protagonista danlle a oportunidade de cambiar a súa vida e vivir outras vidas que elixiu desbotar, ata que topa o que ten que facer: ser ela mesma. Por iso, a lectura convídanos a vivir canda ela e sermos partícipes das súas inquedanzas e das súas angurias, que a levan nun principio a non querer vivir.
A idea principal que serve de fío condutor é a depresión e o intento de suicidio. Ao seu arredor, a esperanza, a aprendizaxe, o pesimismo... todo o que significa vivir. Ou sexa, loitar, xa que a vida é precisamente iso: unha loita continua. Pero é canto temos.
Así que si, sorprendeume a lectura pero, repito, non é un libro que recomende.





Sen comentarios
Publicar un comentario