Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

14/07/09

Paixón

Seredes capaces de ver, escoitar -ler- estas palabras sen derramar unhas cantas bágoas? Eu non fun quen, desde logo. Son 18 minutos, pero tedes tempo: estades de vacacións.; e se non o tedes, buscádeo. Hai reflexións, palabras, verdades, que non debemos deixar pasar.




Premede na parte inferior do vídeo para os subtítulos nos idiomas.

Grazas, Bibliomanía, por este agasallo.

Publicidade para salvar o Planeta

The Guardian seleccionou estes 27 anuncios para The best adverts to save the planet, unha galería coas que consideran as mellores creatividades das recopiladas por ACT Responsible, unha organización sen ánimo de lucro co obxectivo de reunir, promover e inspirar a comunicación responsábel en canto a sostibilidade, desenvolvemento igualitario e responsabilidade social.




13/07/09

Os curas co galego

O Foro de Curas Galegos acaba de redactar o Manifesto polo galego na Igrexa, co que se une, segundo indica, "ás manifestacións da sociedade galega a prol do uso normal da súa lingua identitaria".

Este grupo de sacerdotes do país -que non se identifican- apoia deste xeito o Manifesto a prol da convivencia lingüística e da igualdade de dereitos para o galego, que foi presentado o ano pasado por personalidades da cultura galega como Xosé Luís Méndez Ferrín, Avelino Pousa Antelo, Manuel Rivas ou César Portela. Este texto representa, ao seu ver, que "o pobo galego ten dereito a que a súa lingua propia orixinaria sexa oficial para todos os efectos no seu ámbito territorial, e que os usuarios do galego deben desfrutar no seu territorio do mesmo status legal que o castelán ten no seu". "Sabemos que a situación do galego "está moi lonxe de ser así", como alí se indicaba", engaden.

Este diagnóstico é tamén "real para unha Igrexa en Galiza, que se resiste a ser galega". Lembrando as palabras do bispo Araúxo -"a Igrexa galega ten unha débeda e un pecado histórico con respecto ó noso pobo: esquecer a nosa lingua e a nosa cultura"- coidan que este é un "pecado histórico endémico, pois a Igrexa ten sido un dos elementos máis desgaleguizadores da historia galega".

"Actualmente, a pesar da reticencia ao galego dalgúns xerarcas e de moitos cristiáns e cristiás que enchen as igrexas galegas cada domingo, nós estamos convencidos de que "os peixes vivos nadan sempre contra corrente", como di a sabedoría popular; son os peixes mortos os que se deixan levar pola corrente, e nos sentímonos ben vivos aínda", remarcan no seu texto.

Segundo destacan, "o pobo galego, que ten unha lingua de seu, debe non só conservala e coidala coma un tesouro, senón vivila, inzala; porque a lingua é sempre, privilexiadamente, a esencia dunha cultura, non un puro apéndice utilitario". Coidan que para Galicia "é máis grave destruír a lingua galega ca derrubar a benquerida catedral de Santiago. Estamos convencidos de que Galiza só pode medrar realmente galeguizándose, defendendo pacificamente a súa lingua e identidade propia sen pecharse ao mundo. Neste convencemento, cremos que tamén a Igrexa Galega debe facer esta aposta; se quere ser realmente galega e non un enclave colonial, cremos que é imprescindible que fale galego, que proclame o Evanxeo, que rece e celebre a fe en galego. Desgraciadamente, aínda que hoxe hai menos reticencia na Igrexa ao uso do galego, non hai unha aposta real por el", sinalan.

"A aposta dalgunhas publicacións, grupos e comunidades espalladas pola nosa Terra, seguimos sendo a proba de que, fronte ao imperialismo castelán uniformador de parte da Igrexa en Galiza, hai unha Igrexa galega que existe e resiste. E desde esa identidade unímonos a outras igrexas nacionais na Iberia e por todo o mundo, coas súas peculiaridades culturais e étnicas", din.


Só con auga

Seguro que vos cae a baba... a ti, Anxo, cando menos. Non me digades que este anuncio non é unha monada:



Vía Todas

Music is Math

Unha preciosa recreación creada por Glenn Marshall con Processing, unha linguaxe de programación que adoitan empregar os artistas que traballan con imaxes, animación e contornos interactivos, especialmente visuais. Un exemplo de como, a partires da relación matemáticas-música, podemos crear arte.

Music Is Math from Glenn Marshall

Vía Los matemáticos no son gente seria

Que linda es la nieve, che!!!

Unha amiga plambeira mandoume este arquivo de audio antes das vacacións desexándome un feliz descanso. Eu creo que sabía que ía botar unhas boas gargalladas ademais de lle agradecer o cariño. E así foi. Agora quería compartilo convosco, porque nunca vén mal un pouco de humor.

De Santa Fe a Toronto... porque o ideado non sempre responde ás expectativas.

12/07/09

Sempre hai un lugar para a poesía (LIX)

"Contemplo"

Contemplo
el monte frío,
la lenta paz,
la cumbre…

Mas volvería
a andar
el mismo camino,
a amar la misma tierra
honda y desposeída,
apasionadamente
la misma incertidumbre.

Alfonso Costafreda
de Compañera de hoy. (Colliure, 1966)

Mientras duerme el tiburón

Aínda que non é a miña última lectura, esquecera falarvos dela.

Mientras duerme el tiburón, de Milena Agus, é unha obra que conmove mentres se disfruta coa súa lectura, sinxela e curta. Unha familia estraña que desexas coñecer máis mentres prosegues pasando páxinas, desexando saber que vai acontecer posteriormente. Porque se algo ten o libro é que nos presenta unha familia do máis rara e inconfundíbel, cunha protagonista narradora que sofre por todos os demais, incluída ela mesma, e que nos fará identificar con moitos dos sufrimentos que padecen os e as personaxes. A búsqueda do amor, a soidade, a paixón, o sexo, a existencia de deus... todos estes temas serán tratados a cotío nas súas liñas de diferente xeito e con desiguais resultados.
Non é unha gran novela nin vos deixará unha pegada indeleble, pero lese a gusto.

Ler e ler

Grazas a Montse, entérome deste proxecto "Ler en familia", algo ás veces tan esquecido. Contar non é só transmitir historias -literatura oral- senón que é coller un libro para amosar as ilustracións e o texto físico, facetas ambas as dúas importantes no desenvolvemento d@ nen@, porque ambas formaran@s na próxima lectura e escritura.

Non á violencia contra as mulleres (XC)

Curta dirixida por Miguel G. Bergareche:

11/07/09

Miradas "impulsivas"

Semella que "Impulse" é o equivalente a "Axe" en feminino. Pero cunha sedución máis elegante e sen situacións ridículas. Por suposto, o fondo é o mesmo: usando este produto a arma é infalible. Pero o cambio de estética é importante, xa que no caso masculino ridículizase ás mulleres, mentres que aquí ambos saen ben parados. Por que ocorre isto?



Vía

Literatura, para que?

Fermosísimo texto de Emiliano Monge en El País de hoxe, quen parte da premisa de que nunca estivo na selva amazónica pero sabe como é grazas a Los pasos perdidos:

No me acuerdo de la Primera Guerra Mundial pero la leí hace tiempo.

No me acuerdo de mi primer viaje a Acapulco pero sí de haber leído Crónica de una muerte anunciada en la vieja carretera interminable.

No me acuerdo de ninguna mujer de principios de siglo que no sea Margarita.

No me acuerdo de qué color era el sillón en el que escuché caer el hacha de Raskólnikov. Un sonido apagado que aún corta en mis oídos.

No me acuerdo de ningún cacique mexicano que no se parezca a Pedro Páramo.

No me acuerdo de ninguna cuerda que no haya ahorcado a un inocente.

No me acuerdo de cien años a menos que estén tan apretados.

No me acuerdo de ninguna fuga que no haya sido interminable.

No me acuerdo ya de mis amigos, mejor me acuerdo de Dunois, Billard y el señor Lacaze.

No me acuerdo de haber olido nunca un cadáver, sé que huele a podredumbre, a leche fermentada, al elíxir de las hienas.

No me acuerdo de haber entrado en un panteón sino era en busca de Balzac, Cioran, Duras.

No me acuerdo de más tristes tigres que de tres.

No me acuerdo de ningún lunes que no sea aquel en que se inició la eternidad.

No me acuerdo de haber querido ir a África hasta que se volvió una cuestión personal.

No me acuerdo qué gritaban en la calle mientras Bartleby se negaba nuevamente a hacerlo.

No me acuerdo de la metempsicosis aunque sé que puede llegarse a ella enlazando una jarcia.

No me acuerdo de la Caja de Pandora pero sí de la idiotez de Epimeteo.

No me acuerdo de ninguna tentación que no nazca del amor por el fracaso.

No me acuerdo de ningún silencio que no esconda un ruido de fondo.

No me acuerdo qué estaba comiendo mientras cortaban la cabeza a Damasceno.

No me acuerdo de 1984 aunque recuerdo 1984.

No me acuerdo de ninguna vida que no sea minúscula.

No me acuerdo de un viaje mejor que del que lleva de la cama al escritorio.

No me acuerdo de un calor tan sofocante como el capaz de derretir un par de alas en el aire.

No me acuerdo del lugar en que se encuentra el Mississippi, me acuerdo de que ruge como mil fierros chocando.

No me acuerdo de mejor comedia que la nuestra.

No me acuerdo de París más que de noche.

No me acuerdo de ningún viejo que no sea un pobre Rey Lear.

No me acuerdo de haber oído insultos que los que repite siempre Parra.

No me acuerdo de ninguna infancia apacible.

No me acuerdo de haber visto una serpiente que no se alimentara de elefantes.

No me acuerdo del frío de la nieve, sí del riesgo de no atinar a encender unos cerillos.

No me acuerdo de haber estado en presencia de un oso y aún me aterra el filo de sus garras.

No me acuerdo de haber despertado con la nota de una mujer en la almohada pero Carlota me dejó una nota que decía: Volveré al medio día. Y después de su inicial: O quizá más tarde.

No me acuerdo de haber visto los colores hasta haber leído Para siempre.

No me acuerdo de haberme asomado al agujero hasta que encontré a mi Alicia en su caída.

Las hermanas Grimes

A lectura de Las hermanas Grimes de Richard Yates deixa un pouso de tristura na alma e a soidade da muller, e da sociedade, voando na habitación da lectura. O autor amosa unha gran capacidade -tanto neste libro coma no outro que lin del, Vía Revolucionaria- para describir os sentimentos, o paso do tempo, a frustración... Porque nunha novela máis ben curta, o autor condensa todo isto e moito máis, simbolizado sobre todo na vida dunha das protagonistas, pero facendo pasar pola novela unha serie de personaxes que simbolizarán a traxedia cotiá da vida e a busca infructuosa da felicidade, e quizais tamén da perfección... unha perfección inexistente que fará que a vida, a mirada, a andaina, erren unha e outra vez, ata case cegar o que en realidade importa. Porque o problema é entender a vida, aceptala, camiñar mesmo ao seu ritmo, e non tentar impór un propio e diferente que, ao fin e ao cabo, non te levará a esa felicidade desexada, buscada, e mil veces perdida.
E de fondo, o paso inexorable do tempo, a morte, a rudeza do comportamento humano.
E todo o tempo, unha tristura melancólica que nos asolaga.
Que cal das dúas obras me gustou máis? Creo que esta, sen telo demasiado claro. O que si teño claro é que hai que ler a Richard Yates.

Sinestesia

Libros para cociñar, para comer, para ulir, para saborear:



Sinestesia: que é?
Un vídeo de Terri Timely: Synesthesia

Vía No Sólo Libros

10/07/09

Ler no verán

O suplemento Luces da edición galega d' El País publica hoxe unha reportaxe titulada "Ler no verán para preparar o inverno" que vos deixamos aquí por se tedes dúbidas á hora de elixir compañía. Imposible disfrutar do verán doutro xeito!:

Os libros non son un produto estacional puro -"eu no verán non é que lea máis ca no inverno", convén o actor Ernesto Chao-, pero así como aumenta a contratación na hostelería, tamén sobe no estío a porcentaxe de poboación lectora. Buscando libros para as vacacións, este xornal consultou a traballadores e profesionais de diferentes ámbitos da cultura para pedirlles novidades en galego. Por entre o novo cóanse clásicos -de Pessoa a Novoneyra-, seleccións exquisitas, libros apaixonados -Xocas López esixe incluír Historia triste, a biografía de Eskorbuto- e obrigas laborais. Os títulos frescos, de Patricia A. Janeiro a Chus Pato, repítense.

- Abe Rábade, músico. O pianista e compositor santiagués, que ultima co produtor portugués Mário Barreiros o proxecto Kind steps, unha produción que homenaxea os grandes discos da historia do jazz, propón Secesión, o último de Chus Pato, e A perspectiva dende a porta, de Patricia A. Janeiro, finalista do Premio Xerais 2007, recén publicado. "Aquel libro foi un pouco polémico", di Rábade (Santiago, 1977), en referencia ao fío narrativo que une a situación política de 1976 coa Operación Castiñeira. Outro dos libros que conta debullar pronto -"estouno buscando"- é A estrela na palabra. Novas conversas con Xosé Manuel Beiras, de Francisco Pillado e Miguel Anxo Fernán-Vello.

- Alberto Lema, novelista e poeta. O vimiancés está ocupado arestora con Las primas, a novela que a arxentina Aurora Venturini deposita na boca dunha moza con retraso, ao xeito de Faulkner n'O ruído e a furia. Pero aínda pensa rescatar Grupo abeliano e Ser ou non, as novelas de Xosé Cid Cabido e Xurxo Borrazás, entre os seus novelistas de referencia. "Interésame moito esa maneira de escribir onde non hai un narrador responsable", di Lema (Vimianzo, 1975). Falando de poesía, o autor de Plan de fuga acode a m-Talá, da ourensá Chus Pato, "un libro revelador, imposible de clausurar".

- Alfonso Mato, historiador. Para o verán, contos e ensaios. As recomendacións de Alfonso Mato, ex documentalista do Instituto Galego da Información -unha das súas últimas encomendas foi a coordinación de Ánxel Casal, un editor para un país-, son

Ferrín e outras historias e Galicia borrosa, as achegas do psiquiatra ourensán Santiago Lamas. Falando de literatura, un clásico da separación: Arraianos, de Xosé Luís Méndez Ferrín. "Porque eu tamén son arraiano e porque a Ferrín cómpre volver sempre", resume.

- Alfonso Rodríguez, poeta. O autor ourensán non xustifica a súa escolla de libros actuais, anque non exactamente recentes. dz ou o libro de esperma, de Samuel Solleiro; Ortigas, de Xiana Arias, e o debú de Raida Rodríguez, Máquina de guerra, son as súas suxerencias para tornar a raxeira. Rodríguez (Ourense, 1973), que vén de publicar Azúcar glass, cinco anos despois do seu debú literario (Subir ao faiado), é un dos impulsores da web expoplanetarium.net e do colectivo libertario Ren de Ren. O seu último monográfico, A civilización enferma, xa está na rúa.

- Ana Salgado, coordinadora de Protexta.

Para a crítica Ana Salgado (O Irixo, 1974), á fronte do único suplemento de libros de Galicia, Secesión, o primeiro volume non estritamente adscrito ao xénero poesía de Chus Pato, "coloca o discurso literario no pensamento da esquerda crítica e autoconsciente". Salgado rescata Sidecar, as dúas nouvelles de Alberto Lema que supoñen a reválida d'Unha puta percorre Europa: "Sidecar é un dos libros máis divertidos da literatura galega dende os relatos de dz ou o libro do esperma

que reflexiona dende unha posición de clase sobre as relacións sentimentais e demostra que entretemento e ideoloxía emancipadora non son incompatíbeis na narrativa". Caderno de Animalista, unha reflexión sobre as vangardas con debuxos de Maurizio Quarello e textos do poeta sarriao Antón Fortes, con formato de álbum ilustrado, supón a súa última recomendación.

- Belén Regueira, xornalista. A directoria de Extrarradio, o magazine cultural de fin de semana da Radio Galega, recomenda por entre as divisións xenéricas. O ensaio é O dereito á preguiza, de Paul Lafargue, traducido en Positivas: "Habería que regalarllo aos asistentes á reunión do G-8, para que o teñan en conta se algún día deciden refundar o capitalismo". A "autoaxuda" está n'As leis fundamentais da estupidez humana, do economista italiano Carlo M. Cipolla. "Divide os seres humanos en catro clases: incautos, intelixentes, malvados e estúpidos, que son os máis perigosos. A ver se volvemos das vacacións vacinados contra a imbecilidade, que falta fai en todas as casas". Unha cota de novela negra atópaa n'A praia dos afogados, de Domingo Villar. Regueira (A Coruña, 1977) láiase de que o supervendas Stieg Larsson non estea verquido ao galego, "pero este supervendas escribe en vernáculo". Como derradeiro xénero para o verán, acaba prescribindo "un tocho". Residente privilexiada, as memorias de María Casares

: "500 páxinas de prosa vehemente e desinhibida que son á vez un paseo pola historia do século XX, unha apoloxía do teatro, un manual de educación sentimental e unha investigación sobre os misterios sen resolver da condición humana".

- Carlos Callón, presidente da Mesa. O actual responsable da Mesa pola Normalización Lingüística está lendo arestora a Machado de Assis, iniciador da modernidade literaria no Brasil. A novela Dom Casmurro, en concreto, na que observa "semellanzas co Sábato d'O túnel pola historia de obsesión e ciumes". Na mesa de noite aínda ten pendentes de ler a novela O soño da febre e a reportaxe Fin de século en Palestina, as dúas do lugués Miguel-Anxo Murado.

- Comba Campoy, actriz. Os poemas de Libro de Alicia, a cuarta incursión editorial de Olalla Cociña, "facilitan o camiño para iniciar un regreso á infancia". E, para Comba Campoy (Santiago, 1979), "este é un intre ben axeitado para volver á infancia". Pero Campoy declárase, sobre todo, unha lectora do xénero ensaístico. "Paréceme interesante recuperar a figura de Celestino Fernández de la Vega". A actriz receita, neste verán, a reedición do clásico por excelencia de De la Vega O segredo do humor. Os textos recompilados en Ensaios a proba do tempo é a outra achega de quen alcumaban O Cilistro a 23 anos da súa morte.

- Dolores Vilavedra, crítica. No capítulo de narrativa, a crítica viguesa recomenda Montelouro, de Luís Rei Núñez, "para a xente que gusta das novelas de longo alento", coa engádega d'A perspectiva dende a porta, de Patricia A. Janeiro. No apartado poético, a súa proposta é a antoloxía de poetas da Costa da Morte, coordinada por Miro Villar e Modesto Fraga, De Pondal ao Batallón Literario. A obra preséntase o 11 de xullo.

- Ernesto Chao, actor. "Eu no verán non é que lea máis ca no inverno", apón de entrada o actor ribadaviense, presidente da asociación de compañías Escena Galega. Chao (Ribadavia, 1943) confesa estar collido polo sueco Stieg Larsson -a triloxía Millennium-, pero a obra pendente que ten na cabeza é A corpo aberto. Unha ollada 'indie' do local universal, a última compilación xornalística de Manuel Rivas. Para a súa compañía, Lagarta Lagarta, terá que remoer O segredo dos Hoffman, adaptación de Roberto Salgueiro sobre a novela de Alejandro Palomas.

- Francisco Sampedro, ensaísta. Cando o filósofo comunista francés George Labica enviou, en xaneiro, un texto para A Trabe de Ouro, na redacción da revista non imaxinaban que ese ensaio derivaría en escrito póstumo. Labica morreu en febreiro deste ano. A publicación bota agora o seu número 78, que inclúe as páxinas de Labica e, entre outros contidos, artigos sobre Ramón Piñeiro do seu director, Xosé Luís Méndez Ferrín, ou do académico e especialista no exilio Xosé Luís Axeitos. É unha das lecturas que recomenda Francisco Sampedro (A Coruña, 1956), o ensaísta autor d'A violencia excedente. "O último de Chus Pato

[Secesión] e, por volver a Uxío Novoneyra e enlazalo con Piñeiro, por aquilo das Letras, o especial que lle dedicara Escrita, a publicación da Asociación de Escritores, Novoneyra. A emoción da terra", engade. Sampedro tamén recorre ao Ferrín, pero desta volta ao poeta: Era na selva de Esm, "se cadra o seu libro menos coñecido [recolle poemas soltos ou de tiraxe reducida] e con todo igualmente soberbio".

- Marcos Lorenzo, antropólogo e xestor cultural. O autor de Liquidación de existencias recomenda poesía. Ao primeiro, calquera libro do ceense Estevo Creus, que el risca como "a voz máis notable da poesía galega actual". Logo pensa un e acaba decidíndose por Teoría do lugar. A maiores, unha estancia recente en Medellín sérvelle para rescatar os cuestionarios poéticos que publicara Emilio Araúxo en 2001: Do lado dos ollos. Entrevista con 79 poetas do mundo. Segue con Do Courel a Compostela, aproveitando que o Día das Letras se lle adica a Novoneyra, e aínda recomenda, de Pessoa, Libro do desassossego, "un clásico a repasar dentro da literatura galega". "A novidade non é a miña primeira vía de adquisición de libros", recoñece.

- María Ruido, artista. A ourensá, autora de ensaios visuais como Plan Rosebud, visible na última programación do Centro Galego de Arte Contemporánea e premiado no Festival de Cine Independente de Nova York, propón Poesía última de amor e enfermidade 1992-1995, de Lois Pereiro, e Secesión, de Chus Pato. Pensa nun ensaio e sáelle a versión galega d'Escritos corsarios, de Pasolini, entre as mellores misceláneas para analizar a morte civil da xeración do vogliamo tutto. Ruido (Ourense, 1967), radicada en Barcelona, ten agora en mente un proxecto sobre o contexto político e a educación sentimental, partindo un pouco da idea do documental de Pasolini Comizi d'amore

[Enquisa sobre o amor], un retrato da Italia dos 60 a partir da realidade afectiva. A artista ourensá, próxima aos grupos que traballan "co corpo repolitizado", aínda non sabe que forma terá, "pero ten que ver con Rosebud na relación entre momentos sociais de gais e lesbianas e momento político". A esa forma anoará a cuestión do aborto e a posición da Igrexa.

- Rebeca Baceiredo, ensaísta. Para a autora d'O suxeito posmoderno, "o mundo parece converterse estes días na casa de Playboy". Como antídoto, prescribe a lectura d'O segundo sexo de Simone de Beauvoir, tótem do feminismo de esquerdas cuxo primeiro volume apareceu en galego o pasado ano, seis décadas despois da súa estrea. Contra a obscenidade do espectáculo do capitalismo versión Berlusconi, a Baceiredo (Ourense, 1979) tamén lle prace A revoluçom pendente, un ensaio de Carlos Diegues, na rúa baixo licenza creative commons, pola abrogación do sexismo como condición de democracia. A novela Unha soidade demasiado ruidosa, do checo Bohumil Hrabal, matina, no esteiro de Kafka, no absurdo existencial do mundo burócrata. "Ou Anxos do universo, de Einar Már Gudmundsson", engade.

- Santiago Cortegoso, dramaturgo. O actor de Teatro de Ningures, que acaba de gañar o XIV Premio Rafael Dieste con 0,7% Molotov, recomenda os contos d?O tradutor cleptómano, do húngaro Dezso Kosztolányi. Prácelle tamén Delimvois, un dos últimos textos de Rubén Ruibal -o último, Onde andas, Karl?, debería saír no verán-. "Pero iso é porque lin o orixinal cando se representou no Centro Dramático Galego; o libro debería publicarse en setembro". Seguindo co teatro, engade Nachtmahr, de Raúl Dans -incluído n'Un mundo hostil, a compilación do teatro breve de Dans, publicada en 2008-, que o propio dramaturgo coruñés publicita, non sen ironía, coma "o máis escénico" dos seus textos. Santiago Cortegoso acaba de estrear Os cómicos dell'auto con Teatro de ningures, e no mes de outubro levará á Sala Triángulo de Madrid o seu texto Hámster.

- Xocas López, músico. O batería de The Homens, encargado de produción na distribuidora teatral Emedous, recomenda banda deseñada: o primeiro álbum individual de Manel Cráneo, Os lobos de Moeche, sobre as revoltas irmandiñas, e Cuaderno de tormentas, de David Rubín (a edición galega está por vir). López (Santiago, 1980) propón tamén Máquina de guerra, o debú poético da ourensá Raida Rodríguez, e non esquece unha filia musical dos 80: Eskorbuto. A lenda do grupo de Santurtzi fixouna Diego Cerdán en Historia triste.




Imaginantes

Descubrín grazas a Alfaias este marabilloso programa da televisión. Envexa dá ter tanta poesía reunida na caixa parva. É da Fundación Televisa, e paga a pena que os vexades. Pura fermosura.


Con 70 anos

El árbol rojo

Xa sabedes canto me gustan os álbums ilustrados: son pequenas visitas por un museo. Por iso, cando vin este libro na Feira do Libro de Lalín, merqueino sen mirar sequera o autor; as ilustración antolláronseme tan fermosas que non precisaba máis. Logo, fixeime, e resultou ser de Shaun Tan, autor de Emigrantes, libro do que xa falamos hai unha eternidade. As ilustracións son, sen dubidar, obras de arte, esperta todo tipo de sensacións no lector coas súas figuras e as cores.
A historia de El árbol rojo, se falamos de libro infantil (u-la fronteira?) non me parece infantil: a desesperanza e a tristura é o eixo central, cun toque de esperanza ao que asirnos ao final do libro. O texto é dunha liña por ilustración, tan sinxelo que tod@s somos a nena protagonista, onde non hai ninguén que nos comprenda e onde o desánimo inicial fai que vexamos un mundo de desamparo.
Quedádevos co nome desta editorial, porque realmente agasállanos con obras de arte: Bárbara Fiore Editora.









Sobre rodas

Impactante curta que nos fala do difícil que resulta a vida para aqueles que son diferentes; foi a máis vista nos 90. A protagonista é Gema, esgrimista paralímpica, licenciada en ciencias da información, quen consegue que a súa vida transcorra "sobre rodas" agás cando debe enfrontarse ao egoísmo dos demais.



Vía Microsiervos

09/07/09

Bosé na biblio

Sorprendeume este título e o seu contido: Miguel Bosé elixindo unha biblioteca para realizar un vídeo coa súa famosa canción "Amante Bandido". Cantas cousas se poden topar nos libros!!!



Vía

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.