Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

21/12/09

El tamaño de los sueños

Canto tempo sen ler un libro de poesía! Agora chegoume este libriño de poemas en formato "xove" que creo que si, efectivamente, pódelles gustar de verdade á mocidade: sinxelos, directos, cun único tema: o amor. Karmelo C. Iribarren achéganos en El tamaño de los sueños un poemario de amor, ben sexa declarado, correspondido, concretado... tematicamente estruturado, creo que o que máis destaca é a fermosa sinxeleza das súas palabras, sabiamente construídas, para achegarnos ese sentimento universal, unha vez máis, doutro xeito. Porque é o cotián o que destaca por riba de todo, un espello onde reflectirnos calquera de nós, sen ambigüidades nin dobres sentidos, sen delicadezas excesivas, pero si facendo sorrir, e sentir, que é importante na poesía. Humor, ironía, síntese e ningunha grandilocuencia: estas son as claves dun autor que para min era descoñecido.

El amigo


Llora cuanto quieras

sobre mi hombro,

desahógate,

cuenta conmigo

para lo que te haga falta.

Pero no te equivoques,

no soy mejor que él:

le envidio

cada una

de tus lágrimas.



Algunas noches el miedo



Algunas noches me arrimo
a tu calor bajo las mantas
como un niño asustado.
Necesito tocarte
urgentemente. Necesito
saber que está ahí,
que estarás siempre. Sentir
que tengo cerca a un ser humano,
y que no estoy tan sólo.

Davi Kopenawa, Dalai Lama do Amazonas


En Hutukara ( organización que reúne os líderes Yanomami) non somos políticos, somos Yanomami, respectamos a natureza, a auga, as árbores, os animais, a nosa terra porque é sagrada, non só polos antepasados que están soterrados nela, senón porque é a vida e a ledicia de todos, non só nosa.

Así resumía a súa filosofía de vida Davi Kopenawa, unha referencia mundial na defensa dos dereitos dos indíxenas
Davi naceu arredor de 1956 en Marakana, unha comunidade Yanomami situada no río Alto Toototobi, no estado brasileño de Amazonas. A súa infancia coincide co período no que os Yanomami empezaron a deixar de ser unha tribo non contactada, ata eles chegou o Servicio de Protección Indíxena do Goberno brasileiro coa Comisión Fronteriza de Brasil e logo os misioneiros da organización estadounidense New Tribes Mission. Este contacto levou enfermidades novas á súa comunidade e entre 1959 e 1967 morreron moitos membros da súa tribo, incluída a súa nai. Davi di que unha das primeiras lembranzas da súa vida é cando a súa nai o esconde nun cesto porque chegan os homes brancos.
“Kopenawa”, o seu alcume (guerreiro) comezou a súa loita en 1983 cando buscaba o recoñecemento do terreto habitado por eles, invadido ilegalmente por buscadores de ouro. Salvou o seu pobo da extinción logrando a demarcación das súas terras, feito que se materializou en 1992.



É na actualidade unha figura respectada a nivel internacional que viaxa por todo o mundo estendendo a súa mensaxe e buscando apoios para axudar a seu pobo a defender os seus dereitos con proxectos educativos e de saúde.



Vía Libro de Notas

20/12/09

As mellores do 2009

Igual que hai un ano, as mellores fotos do 2009 segundo The Big Picture:




Vía Islas Cíes

A cea dos filósofos

Topei de casualidade este vídeo en YouTube: un problema filosófico enredado.

Diario de libros

Como? Que non sabedes que regalar no Nadal? Que lle queriades comprar un libro a esa persoa pero que le tanto que non sabedes con cal acertaredes? Pois vouvos dar unha pequena solución (de paso, a ver se as editoriais galegas puidesen recoller a idea para facer algo semellante!): Diario de libros, publicado por Barbara Fiore.
A primeira impresión ao recibilo é que se trata dun libro, pero cando o abres ves o especial que é. Por que? Porque é unha especie de axenda atemporal para apuntar todo o que desexes sobre os libros que les, os que prestas (a ver se o fago dunha vez e me deixan de desaparecer libros dos meus andeis!!!), os que che prestan, os que queres regalar, os que tes que mercar...; vén mesmo unha sección para apuntar os aniversarios, o que a min, despistada, vaime vir xenial porque, efectivamente, só sei regalar libros. Aínda hai máis: un lugar para apuntar as librarías imprescindibles, páxinas para "notas" e como colofón "O ABC do libro", un pequeno e curioso dicionario que nos informa daqueles conceptos relacionados co libro.




E entre as súas páxinas destacan as ilustracións (como non) relacionadas graciosamente coa lectura.
Ademais, a presentación é exquisita, para que dure moitos anos, en tapa dura, marcapáxinas e papel groso.

Un regalo precioso co que creo acertaredes sempre.

Non á violencia contra as mulleres (CXXVI)

19/12/09

Sempre hai un lugar para a poesía (LXVII)

Poema de Susana Thénon:

Sé que en algún lugar
la alegría se desparrama
como el polen
y que hace tiempo
los hombres se yerguen
como jardines definitivos.
Pero yo vivo aquí y ahora,
donde todo es horrible
y tiene dientes
y viejas uñas petrificadas.
Aquí, ahora,
donde el aire
se asfixia
y el miedo es impune.

Susana Thénon
de Habitante de la nada (1959)

Política española

Atopei esta recopilación no blogue Rincón Solidario e decidín traérvola. É unha boa mostra da sociedade actual...

Ópera no mercado

Encantoume! Ogallá estivese eu alí! Desde logo, é unha iniciativa estupenda: achegar a ópera á xente para que a disfrute en directo e sen entrada. Non hai máis que mirar as cara das persoas e ver a ledicia que as inunda. Para que logo digan que iso da ópera é un coñazo: a que si que vos gusta?

18/12/09

Beizóns, GB

Artigo en Vieiros de Marcelino Fernández Mallo.

GB, que en Galicia non significa Gran Bretaña, é o acrónimo dunha organización que me resulta admirable. Por unha banda, pois representa un caso de éxito digno de se estudar nos masters e seminarios máis avanzados de Marketing social. Pola outra, porque está a contribuír de maneira decisiva, quizais sen querelo, no proceso de recuperación da nosa lingua. Por iso proclamo convencido: Beizóns, GB!
Lembrarán aqueloutra plataforma de nome pintoresco, “Tan gallego como el gallego”, que se autodisolveu para renacer, con máis folgos e xeito, en forma de lobby inexorable. Coñezo algún cidadán que se decidiu a utiliza-la lingua galega en resposta a tan estrafalaria iniciativa. Aquel fora un primeiro intento descarreirado ó non teren atinado nin co título nin cos obxectivos, ó proclamaren sen mexericadas o dominio do castelán fronte á marxinalidade do galego. E non lles resultou.

O segundo intento deseñouse de modo máis habelencioso: abandonaron a defensa explícita do castelán para pasar a promulgar, aplicado á lingüística, o “valor sagrado da liberdade”, argumento tamén empregado por George Bush (outro GB!) para xustifica-la invasión dos desertos petrolíferos. O éxito secundou a nova estratexia de maneira que a voz de GB –a plataforma– espallouse por cada curruncho do País, atopando un eco singularmente sonoro en determinados medios e institucións.

Ate aquí o que podería ser unha interpretación superficial do papel xogado ate agora por GB. Emporiso, eu creo que hai moito máis. Que a intelixencia colectiva de GB soborda ós patróns da media aritmética intelectual para erguerse por riba das primeiras impresións. Por exemplo: GB conseguiu poñer de manifesto as intencións reais do partido gobernante e transparentar un discurso defensor da supremacía do castelán e contrario a calquera iniciativa a prol da lingua galega fóra do seu mero uso ritual. Antes o podiamos sospeitar pero agora, grazas a GB, non temos dúbidas sobre a aposta de Carlos Negreira, Corina Porro, Alfonso Rueda, Pilar Farjas ou Javier Guerra, a favor da aplicación da eutanasia ó idioma de Galicia.

Os méritos de GB non quedan aí. De feito, a súa contribución superior vén da súa condición de elixir vivificante, de vizoso estimulante de propostas de protección e promoción dese o noso código de comunicación común chamado idioma galego. Hoxe coma nunca antes na Historia de Galicia, a sociedade ferve de iniciativas que abrollan en variados sectores e colectivos, nos mundos rural e urbano, con vocación de testemuña, dignidade e mobilización. “Queremos Galego” proclaman uns, outros xúntanse “Prolingua”; hai quen postula a lingua para “Patrimonio da Humanidade” e quen pretende propiciar un frenesí de eventos nun “Babel” atlántico. Todo este caudal durmido foi espertado, por quen? Por GB.

Entre tanta acción, motriz e matriz, velaí “convers-ando” que quere “Cambiar Galicia” falando e camiñando. Decatáronse dunha grande eiva no coidado da lingua. Fai falta pedagoxía e didáctica, é preciso explica-lo valor dun idioma propio, o significado de contar cun xeito único e individual de expresármo-la realidade diversa e universal. Por iso se organiza tamén “Ecolingua”, “eco” de “eikos”, a casa. Ecolingua, I Simposium Internacional, convocatoria sobre experiencias reais dende o seo da sociedade civil. En Vigo falaremos esta vindeira fin de semana, en positivo, sobre o valor de contarmos cunha lingua. Porque o idioma galego precisa moita didáctica. Como nos aprendeu GB. Beizóns outra vez.

Españoles en la ratonera

Reportaxe do xornalista David Beriain para Cuatro.



Vía

Novela de xadrez

Stefan Zweig introdúcenos con Novela de xadrez nunha nova visión do horror nazi cun personaxe obsesionado e obsesivo polo xadrez, nunha lección literaria de apenas 100 páxinas deste autor que nos ten deixado, quizais, das mellores páxinas da literatura universal. Un libro que demostra, unha vez máis, que o autor é un mestre da palabra e que mereceu ser eloxiado por relatos coma este: unha narración que engancha desde a primeira ata a última liña (menos mal que é curta e podemos permitirnos ese luxo!) e na que te mergullas sen opción a pensar máis que en que queres profundizar na psicoloxía dos personaxes, porque son a clave de todo canto pode acontecer. O máis revelador é que a novela comeza sen dar importancia ao que logo descubriremos: a historia de supervivencia aos horrores do nazismo grazas a unha obsesión compulsiva como único medio de salvación, aínda a costa da autodestrución.

Nada que facer, nada que oír, nada que observar; o contorno da nada, o baleiro total, sen epazo e sen tempo. Unha e outra vez, arriba e abaixo.

Se volvo, mátome

Informe de Amnistía Internacional España: "Si vuelvo, ¡me mato!"

Menores en centros de protección terapéuticos denuncia los abusos, humillaciones, privaciones de libertad, medicaciones forzosas y negligencias médicas y educativas que se pueden estar cometiendo en centros terapéuticos de menores españoles. Los testimonios recogidos en el documento y el vídeo corresponden a centros de Madrid, Cataluña y Andalucía, basados en los escasos casos de los que se tiene constancia por denuncias.

Los centros terapéuticos son instituciones en las que ingresan menores con trastornos de conducta y/o en riesgo de marginalidad, tanto derivados de otros centros del sistema de protección como a solicitud de sus padres. Según AI, hay alrededor de 58 y son mayoritariamente de gestión privada, aunque subvencionados por las administraciones. El Estado reconoce que no tiene datos centralizados de estos centros y ni siquiera puede determinar cuantos menores están ingresados actualmente en ellos.
AI denuncia la falta de control y supervisión de estas instituciones, y la total impunidad con la que operan. Así lo expresa Esteban Beltrán, director de AI España: "Si yo atase a mi hija a una silla, si le diera medicación sin saber muy bien para qué, si además la tuviera varios días encerrada en una habitación aislada, el fiscal correctamente me quitaría su custodia. Si esto lo hace el Estado a través de estos centros de menores, no pasa absolutamente nada."




“Yo no sabía ni qué eran los derechos humanos, no sabía que lo que allí pasaba no se podía hacer, atarte a un banco y pincharte, hacerte cargar piedras con las manos atadas a una carretilla, triturarte la medicación, prohibirte las visitas, leer tus cartas, humillarte, tratarte a golpes, castigarte. Nunca supe qué medicación tomaba hasta que con 16 años me llevaron a urgencias al hospital. En esa época tomaba tres pastillas por la mañana, dos por la tarde y tres por la noche. Cuando nos pegaban, nos prohibían las visitas para que no vieran los 'moraos' y encima les decían que era porque nos habíamos portado mal”

Asina aquí.

17/12/09

Contos de medo en Lugo

Antonte fomos a Lugo cos de 1º de ESO. Todo o alumnado deste nivel leu previamente Contos de medo no museo de Lugo para logo acudir ao museo a realizar un xogo de busca literario moi interesante; dividíronos en varios grupos e os gañadores levaron un premio.
Mentres, coñecemos Lugo, pateamos toda a muralla, visitamos a catedral, vimos o mapa de Fontán no IES Lucus Augusti e eu visitei á querida compañeira bibliotecaria María do IES Ollos Grandes (tamén vos amosamos unha foto da súa biblio); pola tarde puidemos visitar a Casa dos Mosaicos.
Un día moi completiño nunha fermosa e fría cidade, do que descansamos ben a gusto ao día seguinte grazas ao "temporal"...


I Will Derive!

Tiña gardado este agasallo desde que o vin en Más que libros para o meu querido Anxo desde hai tempo. Así que como se achega o Nadal... para ti, Anxinho! É a canción I Will Survive de Gloria Gaynor convertida nun canto ás matemáticas: Derivarei!



Primero tuve miedo, ¿cuál podía ser la respuesta?
Decía “dada esta posición encuentra la velocidad”.
Yo intenté resolverlo, pero sabía que lo hacía mal
Luché , lloré, “¡el problema no puede ser tan largo!”
Intenté pensar, controlar mis nervios.
Es evidente que la velocidad es tangente a la curva posición-tiempo.
Este problema tenía que ser mío,
Si yo conociera esa recta tangente…
Pero ¿qué hacer? ¡Dame una señal!

Entonces pensé: haz cálculo.
Busca en el libro a Newton, a Leibniz
y otros problemas así.
Y cuando había perdido toda la esperanza,
Dije ¡No!
Solo hay una forma de encontrar esa “fórmula”.
Entonces yo, ¡Derivaré!
Encontraré la derivada de la posición x respecto del tiempo.
Más fácil no puede ser,
sólo hace falta hacer dx/dt
Derivaré, derivaré, ¡hey hey!

Y entonces seguí y vi la segunda parte,
Pero cuando la vi no estaba muy seguro de cómo empezar:
Preguntaba por el tiempo en el cual la velocidad estaba en un máximo.
Y yo ya pensaba… ¡esto es mío!
Pero entonces pensé: Esto es todo lo que sé,
tengo que encontrar la aceleración e igualarla a cero.
Ahora bien, si sólo sabía que la función era para eso…
Creo que voy a tener que resolverla de alguna manera.

Entonces pensé: haz cálculo.
Busca en el libro a Newton, a Leibniz
y otros problemas así.
Y cuando había perdido toda la esperanza,
Dije ¡No!
Solo hay una forma de encontrar esa “fórmula”.
Entonces yo, ¡Derivaré!
Encontraré la derivada de la velocidad respecto del tiempo.
Más fácil no puede ser,
sólo hace falta hacer dv/dt
Derivaré, derivaré…
Entonces pensé: haz cálculo.
Busca en el libro a Newton, a Leibniz
y otros problemas así.
Y cuando había perdido toda la esperanza,
Dije ¡No!
Solo hay una forma de encontrar esa “fórmula”.
Entonces yo, ¡Derivaré!
Encontraré la derivada de la posición x respecto del tiempo.
Más fácil no puede ser,
sólo hace falta hacer dx/dt
Derivaré, derivaré, ¡derivaré!

Pingueiras e tarteiras

Cheguei a este libro, como non, polas ilustracións. Ilustracións de Rodrigo Chao, a quen coñecemos ben e quen nos encandila sempre. Libro de teatro infantil, con situación caóticas, palabras do revés e conversas absurdas que ocultan en realidade a fantasía dun circo que pretende reconverter un pazo gris nun mundo de cor, tanto, que ata a propia raíña grisácea, aquela que nunca ri, ten a oportunidade de fuxir para aprender o que é o sorriso e a ledicia. E, por suposto, decide aproveitala. A música da choiva de fondo. Pingueiras nun pazo vido a menos, como todo nese reino. Pingueiras nun circo outrora esplendoroso en busca de traballo. Pingueiras que reconverten a musicalidade do teatro, pois son esas pingas que caen nas tarteiras o condutor dunha obra que deixa paso ao optimismo e á música máis leda.
O xogo de palabras que fai a autora coa raíña de protagonista, así como a leve crítica social (ese dedo maimiño erguido!!!- son tamén un elementos destacables nun texto que busca o disparate e que representa un caos sinxelo e divertido que resulta moi atraente.
A edición do libro, sinxelamente fermosísima.
Pingueiras e tarteiras de Teresa González Costa foi a peza gañadora do III Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil. Foi definida como "unha apoloxía da ledicia e da fantasía que ofrece unha visión atípica e desmitificadora de personaxes arquetípicos".


Vídeo clip para xordos

O azar fixo que hai uns minutos coñecese o traballo do artista malagueño Toni Zenet e o vídeo clip do seu tema Un beso de esos incluído no seu primeiro disco "Los mares de China" cuxa gran particularidade é que está traducido á linguaxe dos signos para as persoas xordas. Unha interesante iniciativa á que paga a pena botarlle un ollo e deixarse levar. Só tedes que premer na imaxe.

16/12/09

Outono fotográfico II

Tal como anunciamos nun post anterior, cada mes gozamos no centro dunha exposición fotográfica. Desta volta trátase de "Camiño, foto e palabra" con fotografía de Juan Rúa, que fala do Camiño de Santiago como un camiño exterior e interior: pés, corazón e alma. No camiño cada momento é diferente e intenso. A foto, a palabra, e sobre todo o latexar que non se ve na foto pero se intúe é o eixo principal da exposición.


Cambiar o futuro

Nin palabras, nin cifras, nin discursos, nin datos. Semella que en Copenhague nada disto fai mella. Quizais, ás veces, as imaxes deberían estar máis presentes:



Síntoo. Puidemos facelo, pero non o fixemos:

Semillas de cabañas

Outro álbum deses para termos nos andeis, abrilos de cando en vez, acariñalos, cheiralos, lelos, disfrutalos... con esas ilustracións marabillosas que se apoderan dos nosos sentidos e un texto máis ca fermoso. Semillas de cabañas de Philippe Lechermeier -autor do inesquecible e sempre preferido Princesas, ilustrado por Éric Puybaret, é un tesouro para soñar que conta a expedición que realiza o famoso Alfonso Cuchitril quen descobre ao lector un percorrido por diferentes "cabañas" abraiantes. Un caderno de viaxe totalmente delicioso onde nos atopamos ante unha terrible dicotomía: ilustracións o texto? Con que nos quedamos? Que miramos primeiro?
Aseguróvolo: destes álbums ilustrados de Edelvives xa case nos estamos acostumando, pero este é un máis imprescindible: colocádeo ao carón de Princesas e de Genealogía de una Bruja. Non máis lonxe, por favor.


Ya está
Hace mucho tiempo que preparo este viaje.
Desde el día en que oí hablar de las semilla de cabañas.
Semillas que sólo hay que plantar y regar
para que de ellas bro
te una cabaña.
Cerré mis maletas hace tiempo.
Estoy preparado.
Preparado para descubrir las cabañas del mundo entero,
para recoger las semillas más extraordinarias.
El viaje puede empezar.




Cabaña "cajita de noche" ,

" Una cabaña en la que siempre es de noche , donde el día se eclipsa . Hay allí noches de luna llena , noches estrelladas , noches negras ...

Noches tranquilas , noches mágicas , noches de ensueño .
Pero ocurre , también , que aparecen allí noches en blanco , lo que resulta un fenómeno bastante curioso .

Es pequeñita , asi que la cajita de noche se puede meter en un bolsillo .
Se puede abrir a cualquier hora del día para escuchar la musiquilla de la noche."

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.