Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

13/07/10

Pasemos al Plan b

Curta escrita e dirixida pola realizadora granadina Paz Piñar que recibiu o premio á Mellor Curta da VII mostras Curtas en Feminino.




12/07/10

Video 3000

Animación realizada en "stop-motion" por Lola Corbalán.

VIDEO 3000 from Lola Corbalán on Vimeo.



Vía Recogedor

A vaca que puxo un ovo


O terceiro título desta mesma editorial que antes comentamos é A vaca que puxo un ovo, con texto de Andy Cutbill e ilustracións de Russell Ayto.
Unha vaca que quere facer algo diferente, para destacar entre as demais, e que pola súa simpatía e tristura é axudada polas súas amigas galiñas. Claro que a envexa non é boa conselleira e as súas "comadres" están seguras de que todo é unha gran mentira.
O final, sorprendente.
As ilustracións, chamativas.

Perdido?



Esta recente editora, Patasdepeixe (que nos engailou con O incrible neno devorador de libros), achegounos este último ano dous novos títulos. Un é este: Perdido? con texto e ilustracións de Oliver Jeffers do mesmo autor que aquel.
Un pingüín chama na casa dun neno, e este, pensando na súa tristura, tenta devolvelo ao seu mundo. Ata que descobre que en realidade é a amizade a que fai fuxir a tristura de onda nós. Cada páxina é case toda unha ilustracións, sensible e cercana.
Encantaravos.



Megaminería

Abusos legalizados de empresas mineiras estranxeiras que buscan ouro, prata, cobre, uranio... creando danos ambientais, sociais e económicos.
Un vídeo prohibido na televisión arxentina.


11/07/10

O Amigo imaxinario

A curta dirixida e escrita por Pablo Larcuen gañou na categoría de curtas en Los Angeles Film Festival. Foi definida como unha "historia divertida, maleducada, que chega e con moitos xiros inesperados".
A curta está protagonizada por Pablo Vázquez, Montse Martí, Jordi Romano e Sergio Huguet. Conta a historia dun mozo que non ten contacto coa sociedade. Todo cambia cando un día aparece un amigo imaxinario que tenta axudalo a saír da súa soidade.



Fonte: Europa Press.

Viches o León?


OQO tráenos da man de Armando Quintero e ilustracións de Géraldine Alibeu un conto sobre os soños e o amor. Viches o León? percorre a selva en pos dun león soñador e pacífico que ata ler unha carta de amor non se percata de que os soños só se cumpren vivindo na tenrura dos sentimentos.
Encantáronme as ilustracións, ás veces mesmo esquemáticas, que de cando en vez ocupan a páxina enteira.

—Viches o león?
–preguntou a ra–.
Tráiolle unha carta
que recende a herba e
a flores frescas.


Tres irmás ladroas


Con texto de Txabi Arnal e ilustracións de Elena Odriozola, Tres irmás ladroas publicado por OQO, é un fermoso conto sobre tres irmás que desexan brillar e que non o conseguirán ata comprender que todas as riquezas do mundo non abondan, por non seren necesarias, senón que é o amor quen realmente deixa que brillemos. As ilustracións complementan case arquitectonicamente un texto cargado de sentido do humor e ironía.
Delicioso.


Non á violencia contra as mulleres (CLIV)


Campaña das Nacións Unidas par pór fin á violencia contra as mulleres e as nenas: "Ni una más" é o seu nome e podes escoitalos aquí:



¡NI UNA MÁS! (1)
Radialistas.net


Estes anuncios están producidos por Radialistas.net e UNIFEM Países Andinos dentro do proxecto “El Amor no debe doler” , para a erradicación da Violencia contra as Mulleres e as Nenas.

Vía


10/07/10

Anuncios premiados

Moitos, case todos, xa os vimos aquí:

Migrations

A primeira vez que folleei este poemario, da man de Chus Pato, pensei que me lembraba a Alejandra Pizarnik. Non podo discernir un por que, pero foi a miña primeira impresión. Agora que o lin enteiro teño que asegurar que esa sensación primeira desapareceu case por completo, aínda así coido que teñen algo en común, ás veces unha certa desesperanza, pero Gloria Gervitz non amosa o pesimismo profundo daquela.
Neste libro, recompilador de toda a súa obra, atopamos a voz da muller na procura de si mesma, unha disociación entre o ti e o eu que opón aos outros.
Sorprendente, e imprescindible.

Da introdución:

"Migraciones es el título de la obra poética completa de Gloria Gervitz, cuya última versión fue publicada en 2002 por el Fondo de Cultura Económica de México; el poemario evoca la historia de las mujeres judías que, huyendo de los pogromos, emigraron en los primeros decenios del siglo XX de Ucrania a México. Paralelamente, refleja la búsqueda interior de la poeta de sus orígenes y su sentido, de las riberas desconocidas y olvidadas de su ser. Porque migración significa emprender un viaje con destino incierto, abandonar la tierra firme, atravesar el mar, pisar tierras nuevas, saber que el regreso es imposible; pero es también la añoranza de "un despertar al otro lado", de un nuevo comienzo y de nuevos encuentros. Y es, sobre todo, el hacer de la poeta, a la que sólo le es dado el lenguaje para tender un puente hacia el mundo, hacia las voces que pueblan su interior como un espacio ajeno, para crear y escribir este espacio. El hacer de la poeta es también el silencio - "el silencio es un trabajo que durará toda su vida" -, ya que éste establece las condiciones para que pueda emerger la voz; una voz que sería a la vez indagación y búsqueda del otro, de la otra, de las otras en ella, surgiendo así un diálogo entre mujeres que pertenecen a tres generaciones diferentes (madre, abuela, hija / nieta), cuyos papeles son reversibles".


Realidade educativa


Vía

1GOL pola Educación

Xa que estes días só se fala de fútbol, imos pararnos nesta ONG preocupada pola educación respaldada pola FIFA: quere compremeter a líderes mundiais xunto con futbolistas e afeccionados a que unan esforzos para lograr un pulo e conseguir Educación para tod@s. Este é o seu blogue.


09/07/10

Da pedra ao ebook

La fórmula preferida del profesor


Apuntado teño o nome desta escritora dende hai tempo, pero aínda non conseguira ler nada dela até agora. Abofé que hai que tela en conta! Yoko Ogawa consegue con La fórmula preferida del profesor (editorial Funambulista) achegarnos ao mundo das matemáticas dun xeito diferente, mesturado iso co béisbol, case tan importante na novela como aquelas, fío condutor dun relato ben estruturado, ameno e interesante. Non importa que che gusten as matemáticas, ou si, o libro vaiche encantar de todas todas. Porque é doce, lene, optimista, agradable, sincero... musical. Porque as matemáticas convértense aquí na arma esencial do ser humano, da beleza, da sinceridade, do esencial nunha palabra.

Mira que maravillosa sucesión de números. La suma de los divisores del 220 es igual a 284. Y la de los divisores de 284, igual a 220. Son números amigos. Son una combinación muy infrecuente, sabes. Fermat o Descartes sólo lograron descubrir un par, cada uno de ellos, ¿no te parece hermoso? ¡que la fecha de tu cumpleaños y el número grabado en mi relojo de pulsera estén unidos por un lazo tan maravilloso…!

Anxo, vaiche encantar!!!

Ethiopia Reads

Ethiopia Reads é unha organización que cre que a educación é a chave para mellorar as vidas de futuras xeracións etíopes e que os libros son a ferramenta para amar a aprendizaxe.
O vídeo amosa a imaxe dunha desas bibliotecas:



Vía

08/07/10

No te metas a mi facebook

Temos colgado noutras ocasións vídeos de humor relacionados coas novas tecnoloxías. Arestora topamos estoutro na Biblioteca Sarmiento:


HP - Hit print

Fermosa publicidade feita coma se dunha historia animada se tratase.




Vía

La casa de la Mezquita

Se Kader Abdolah me namorara co seu libro El reflejo de las palabras, La casa de la Mezquita non lle queda atrás. Volvemos a viaxar con el a Irán, e da man de Aga Yan e de toda a súa familia aprenderemos máis sobre a relixión islámica e sobre os acontecementos históricos máis importantes deste país de finais do século XX: a caída do Sah, a figura de Jomeini, o fundamentalismo relixioso, os extremismos...: un pracer ler a explicación da historia deste país.
En palabras do propio autor "los nombres y las anécdotas que remiten a la realidad deben ser leídos según las leyes de la literatura"; pero aínda así, canto aprendemos! Para min foi un repaso histórico e unha lección en cada páxina. Xa acontecera co outro libro: aprendín e disfrutei a partes iguais. Agora son quen de entender a situación iraní mellor, o por que se chegou a esta e como a relixión musulmá ten diferentes interpretacións segundo quen lea o Corán. Como todas as relixións, maxino.
O abano de personaxes é extraordinario, cunha especie de "mapa" ou árbore xenealóxica ao comezo para facilitar a lectura, que non nos cómpre posto que está tan ben tecido e os personaxes tan ben encaixados que a trama resulta fascinante. O seu xeito de escribir lembra aos grandes narradores orientais que saben envolver cos seus contos ao auditorio desde o primeiro momento, facendo esquecer o paso do tempo.
Unha lectura que me gustaría que non deixarades escapar.

‘El hombre va a aterrizar esta noche en la luna y usted ni siquiera lo sabe. Quizá no sea importante para usted ni para Alsaberi. Pero los americanos quieren poner su bandera sobre la superficie de la luna y el imán de nuestra ciudad no está al corriente. No habla de ello en sus discursos. Esta noche debería haber dicho algo, pero no lo sabe. Y eso no es bueno para nuestra mezquita. En la mezquita se debería hablar de las cosas que interesan a la gente.’

Cada vez que viajaba en tren constataba cuánto había cambiado la fisonomía del país. Las gentes que venían del sur parecían mucho más desenvueltas y distintas de los habitantes de Seneyán. Algunas mujeres iban con la cabeza descubierta e incluso con los brazos desnudos. Había mujeres con sombrero, mujeres con bolso, mujeres que reían, que fumaban. Aga Yan sabía que todos aquellos cambios se debían al sha, que no era más que el siervo de los americanos. Estados Unidos estaba socavando las creencias del país y nadie podía hacer nada para evitarlo”

BP: basta de petróleo

Activistas de Greenpeace substituíron o logo de BP, en Madrid, por un que consideran máis axeitado: tinguido de petróleo. Así denuncia a irresponsabilidade deste tipo de empresas e piden un cambio de modelo enerxético que remate coa dependencia do petróleo.




Por outro lado, o derrame de petróleo no Golfo de México case non xerou imaxes: isto non é casualidade. O goberno de EEUU ditou unha norma na que prohibe tomar imaxes do verquido e dos labores de limpeza que alí se realizan.
Este vídeo realizouse grazas ás fotos tomadas por un traballador contratado por BP para a limpeza do cru.




Vía

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.