Hago de voz un cuerpo é unha preciosa antoloxía poética de quince poetas realizada por María Baranda e ilustrada por Gabriel Pacheco que publica Fondo de Cultura Económica. O título dános o tema principal de todos os poemas, xa que estes falan de diversas partes do corpo humano, dende os pés á cabeza, afastándose dos clixés típicos que atinxen ao corpo, como por exemplo aquel poema no que fala de que o nariz é o “asilo
del moco seco” e o “helipuerto del mosquito”. Asemade, os quince poetas compleméntanse harmonicamente, interactuando grazas ao labor da compiladora, que sabe outorgar ao libro un conseguido aspecto de uniformidade. Por suposto, hai poemas que nos gustan máis e outros que nos gustan menos, ou que nada novo nos din.
Entre os poetas antologados temos a Eduardo Langagne, David Huerta, Natalia Toledo, Francisco Hinojosa...
Por suposto, mención para a ilustración, onde cada unha das ofertas ilustradas é unha representación visual do tema poético.
Sen comentarios
Publicar un comentario