Todo isto compartímolo como escusa para facer referencia ao tempo
presente -son as 19:47 do 24 de decembro- pero, sobre todo, para levar a
cabo unha reivindicación bollera estereotipada que xa se pode considerar un
clixé pero que oxalá existan moitos máis coma este porque hai
practicamente cero unidades deste tipo e cen mil promovendo o amor
heterosexual nestas datas de Nadal. Por isto último debemos ler Leche
cruda, de Ángelo Néstore, publicada por Reservoir Books, unha novela queer deliciosa que formula, xa dende
o inicio, unha relación tortuosa entre unha nai demenciada e a súa filla. Non
existe neste libro demasiada tenrura cara a esa persona sen memoria, que
ten como compañía principal a dunha gata e sobre a quen se verte un amor
que, por un lado, semella obrigado polas normas éticas e morais -e a saber
que máis- baixo as que lideramos os nosos conflitos pero, por outro, está
cargado de odio e desagrado.
Ángelo Néstore constrúe unha historia cunha carga literaria
abrumadora ao xogar coas voces narradoras, con sentencias poéticas que
irradian alivio, cunha cronoloxía que permite o seguimento da historia de tal
forma que permite indagar na carga simbólica de toda a narración, e coa
reivindicación de realidades disidentes e a declaración irreverente de quen
non está de acordo cos modelos sociais impostos. Non importa a identidade
da persoa protagonista; baixo esa terminación en -a danos igual quen se
atope, pois só necesitamos saber que é unha filla con rabia e que, ademais,
se sitúa nas marxes, no non normativo, na visión de quen volve á súa vila
natal e é obxecto de todas as miradas.
Leche cruda, leche cruda, leche cruda. Leche cruda aún caliente. [...]
Me cuesta creer que la lengua y la saliva con las que me borro el recuerdo de
la nata sigan siendo los mismos de aquella niña.





Sen comentarios
Publicar un comentario