Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

19/03/09

Sermos Peter Pan

Normalmente vemos publicidade de cremas milagrosas con mulleres sen enrugas a pesar da súa idade máis ou menos avanzada. Olay deixa esta mensaxe: a súa crema non nos fai parecer máis novas senón que nos fai "sentir" máis novas. E nada mellor que traer a Peter Pan, o eterno neno, e a súa inseparable Campanilla.
Non se precisa slogan xa que a imaxe é máis ca suficiente para nos transmitir a idea: unha muller que se pode sentir ben tanto dentro como por fóra.
Que queredes que vos diga? A carón de tanto milagre, agrádecese a frescura do conto. Unha demostración máis de que a literatura serve para todo!!!




Vía

.

3 comentarios:

Anónimo dixo...

Encántanos Peter Pan e por suposto a súa inseparable Campanilla, pero cremos que na cosmética non pinta nada este maravilloso personáxe...
Ainda que o mundo da publicidade no fondo ten moito que ver co mundo dos "soños"...

Anónimo dixo...

Rinme cando mo amosaches e agora volvo rir outra vez.
Estache ben o conto (nunca mellor dito), agora toca esperar a que a asociación "Nunca Mais" (Nunca Jamás) se pronuncie..

Anónimo dixo...

Sempre quixen ser como campanilla... Voar libre sen medo ao mañá.
Por agora só me parezo a ela nunha cousa...Na altura...

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.